UCI World Series

O crecemento do Gran Fondo Ézaro foi exponencial. A boa acollida do público en xeral ano tras ano (tanto participantes como familiares ou afeccionados), ademais dunha cada vez maior implicación dos entes públicos e privados que colaboran coa proba, permítenos ofrecer unha maior cobertura a todos os niveis, facendo do evento en si un gran espectáculo, o maior de Galicia no ámbito do ciclismo.

Consecuentemente, a repercusión mediática deste evento faise patente ano tras ano, con reportaxes en cadeas de televisión e o establecemento de paralelismos coas grandes probas, como a Volta a España, que este ano recalará de novo en Ezaro.

Ademais, son moitos os ciclistas históricos que se puxeron o dorsal para gozar polas estradas da Costa da Morte. Lendas como Miguel Indurain ou Claudio Chiapucci, que repetiron en dúas ocasións, Alex Zülle, Tony Rominguer, Pavel Tonkov, Joseba Beloki, Ángel Casero, Iván Raña, Óscar Pereiro ou o pentacampeón do mundo Javier Gómez Noya formaron parte xa deste pelotón

Todo ese gran evento conta, ademáis, dende a edición 2018, co aval internacional da UCI Gran Fondo World Series. Así, tras a suspensión da edición 2020 a causa da emerxencia sanitaria, 2021 sería a terceira ocasión na que o Gran Fondo Ézaro formaría parte deste selecto grupo de carreiras. Sen embargo, dadas as circunstancias sanitarias, a pouco probable apertura de fronteiras e as restriccións de movilidade actuais, preferimos pospoñer esta opción clasificatoria para o 2022.

Scroll to Top