Concellos
Concello de Dumbría
Sen dúbida, o maior apoio co que conta o Gran Fondo Ézaro para levar a cabo a proba. Dumbría é unha pequena localidade da Costa da Morte que conta con preto de 3.000 habitantes. Dunha beleza paisaxística excepcional, a Fervenza do río Xallas ou o Miradoiro do Ézaro son dous reclamos turísticos que atraen a miles de persoas cada ano.
Concello de Cee
Duns 7.000 habitantes, o concello de Cee é o primeiro obxectivo que ten o pelotón nada máis saír de Ézaro dirección norte.
Concello de Muxía
Unha localidade infestada de historia, o Santuario da Virxe da Barca, o Cabo Touriñán ou a praia de Lourido son tres puntos de interese que sen dúbida farán máis inesquecible a túa visita á Costa da Morte.
Concello de Vimianzo
Rico en elementos arqueolóxicos do megalitismo, destaca como un dos lugares con maior concentración de dolmens e túmulos en toda Galicia. Ademais, no seu territorio pódense observar algúns dos máis singulares e característicos, como Pedra Cuberta onde Georg Leisner localizou as primeiras pinturas rupestres nun dolmen do noroeste peninsular. Un roteiro turístico desenvólvese por todo o territorio municipal para poder visitar diferentes monumentos prehistóricos.
Concello de Muros
O concello máis meridional por onde discorre a proba. Duns 8.700 habitantes, é unha localidade de alta tradición pescadora e marisqueira
Concello de Carnota
Outro concello cun valor paisaxístico incalculable, a coñecida praia de Carnota, unha areal de 7 quilómetros de lonxitude e as Marismas de Caldebarcos son de obrigada visita.