Preguntas frecuentes

  • Dorsal personalizado e CHIP
  • Recordo da marcha.
  • Chaleco oficial da marcha
  • Avituallamientos sólidos e líquidos.
  • Asistencia mecánica man de obra, non inclúe pezas.
  • Persoal de seguridade.
  • Perfil do roteiro.
  • Asistencia médica (Médicos, Ambulancias).
  • Comida ao finalizar a marcha.
  • Adhesivos do perfil de etapa
  • Aparcadoiro de bicicletas
  • Servizo de Duchas
  • Servizo de Cronometraxe
  • Servizo escoba para participantes e bicicletas
  • Servizo de Gardarroupa

O roteiro estará aberta a todos os interesados en participar con licenza expedida por unha federación de ciclismo recoñecida pola UCI do ano en curso ou sen ela. No momento da inscrición, ao participante que non dispoña de licenza federativa, formalizaráselle a correspondente licenza dun día, como se expón no regulamento.

Poderá participar na marcha calquera persoa que teña un mínimo de 17 anos cumpridos o día da proba. Os participantes menores de 18 anos, deberán entregar unha autorización de participación asinada por un titor legal.

É unha proba pensada para todos os públicos. Agora ben, recomendámosche que lle dediques algo de tempo á bici as semanas previas. Este tipo de probas poden ser tan gratificantes como sufridas en función do teu nivel físico.

Non. É un percorrido intermedio para todos os niveis.

Nesta edición faremos unha liña de meta simbólica na base do Ezaro (debaixo do arco de saída). Esta será a liña de meta para os que non sentan capacitados para afrontar a recta final. Terás tempos pero non dereito a medalla.

Si, pero para os participantes que usen bicicleta eléctrica haberá unha clasificación separada. Debes marcar a túa opción ao facer a inscrición.

Si se contempla a devolución nos seguintes casos:

  • Os participantes que realizasen a inscrición anticipada, se non puidesen participar por calquera motivo na marcha poderán ceder a súa inscrición a outro compañeiro ou solicitar directamente no sistema a devolución da inscrición. Todos estes trámites poderaos realizar na zona privada do participante que está na web. En caso de solicitar a devolución da inscrición, devolveráselle o importe pago descontando os gastos de xestión da inscrición. A data tope para solicitar a devolución da inscrición será o 30 de xuño.
  • As inscricións son estritamente persoais e intransferibles, non poden ser utilizadas por outra persoa diferente da rexistrada. Con todo, antes do 30 de xuño, un participante poderá ceder a súa inscrición a outra persoa directamente desde a Web de inscricións, no apartado de zona privada do participante.

Si, pero terá que levar unha autorización asinada. O dorsal é persoal e intransferible.

Entregarase a talla de chaleco solicitada na inscrición. En caso de necesitar un cambio unha vez entregados todos os dorsais, se queda dispoñibilidade de tallas non haberá inconveniente en solicitalo na oficina permanente.

Si, estará situado nas inmediacións da liña de saída.

Sí.

Si, estará situado nas inmediacións da liña de saída.

Haberá 4 avituallamientos, incluíndo o de meta.

Si, pero terán que facelo camiñando; xa que o tráfico estará cortado nese tramo para vehículos alleos á organización.

Si, poderanse comprar tickets de comida de acompañantes na inscrición e o día da proba na oficina permanente.

Scroll to Top