A proba

O Gran Fondo Ézaro é unha multitudinaria proba ciclista popular que ten lugar dentro do incomparable marco da Costa da Morte, en Galicia (España). Unha paisaxe incrible, valores culturais e patrimoniais de primeira orde e un percorrido espectacular e esixente fan desta unha proba única.

O percorrido transcorre a través dos concellos coruñeses de Dumbría, Carnota, Muros, Outes, Mazaricos e Cee, en plena Costa da Morte, que acompaña ao corredor con fermosas paisaxes e duros ascensos.

Os participantes obxectivo do Gran Fondo Ézaro son un tipo selecto de practicantes de ciclismo, dado que as características da proba obrigan a unha condición física adecuada, que implica preparación constante, dedicación e esforzo.

Ao seu esixente percorrido, con final no mítico ‘muro’ do Miradoiro de Ézaro, súmanse a contorna, os valores que promove a organización e o nome que, cos éxitos cultivados , gañouse a cita, atraendo a deportistas de toda España e de fóra das nosas fronteiras e a grandes nomes deste deporte.

Alex Zülle e Tony Rominger volveron revivir a súa pugna nas estradas galegas da Costa da Morte, como xa fixeran na Volta a España de 1993.

Completar o belo percorrido polas estradas da Costa da Morte e a subida ao Ézaro, que xa se exhibiu na Volta a España, é todo un éxito.

Chiappucci e Indurain reencóntranse outra vez no Gran Fondo Ézaro.

Scroll to Top