Fin do Camiño

Se Galicia está atravesada de roteiros de peregrinación a Santiago polos catro costados, é cara á súa impresionante costa onde se dirixe a Fin do Camiño, os últimos pasos desas vías que construíron e vertebraron Europa a través dos séculos. Porque a peregrinaxe a Santiago non está completa sen chegar á ‘fin da terra’ e é esta fin a que queremos gozar sobre a bicicleta.

Escenario de naufraxios históricos, as xentes da Costa da Morte foron testemuñas da furia do mar durante séculos. A súa orientación xeográfica, aberta ao Atlántico, a súa accidentada conformación rochosa e a dureza do clima fixeron desta comarca un lugar lendario, no que contrastan o perigo do seu mar, infestado de naufraxios, coa sobrecoxedora beleza das súas paisaxes.

 

findocamino1

Este é o escenario único no que se desenvolve este evento, que centra a súa esencia na Fervenza de Ézaro, coa que o río Xallas desemboca directamente no mar cunha caída de 40 metros única en Europa. A violencia da caída da auga leva ata as augas cristalinas da enseada que desemboca no Atlántico e que enmarca o Gran Fondo Ézaro.

A Volta a España 2012 descubriu ademais para o gran público o que xa era coñecido para os afeccionados galegos: as descomunais ramplas que fan desta paisaxe de singular beleza un punto único no que unir esforzo e reto deportivo, turismo, cultura e paisaxe.O ascenso ao miradoiro de Ézaro e as súas ramplas do 30% xa son soados dentro deste deporte, e unha parada habitual na gran rolda española.
findocamino2
findocamino3
Scroll to Top