




Unha cita ineludible
O Gran Fondo Ézaro preséntase como un desafío que conta con todas as garantías, para que a única preocupación dos participantes sexa gozar e pedalear.
En outubro de 2026, a Costa da Morte volverá ser ciclista a través dos cicloturistas que gozarán dun percorrido espectacular, onde o ‘muro’ do alto do Mirador será, como xa é tradición, o esforzo final.
Non o quixeron perder...
Non todos os días podes rodar ao lado dos mellores… pero ás veces si é posible.
¡Purito Rodríguez volveu ao Muro de Ézaro, onde escribiu unha das páxinas máis épicas do ciclismo español!
¡Un desafío épico na Costa da Morte!

Un percorrido espectacular en boca de todos os ciclistas
Ao seu esixente percorrido, con final no mítico ‘muro’ do Mirador de Ézaro, súmase a contorna, os valores que promove a organización e o nome que, cos éxitos acadados, gañou a cita, atraendo a deportistas de toda España e de fóra das nosas fronteiras, así como a grandes nomes deste deporte.
Alex Zülle y Tony Rominger volvieron a revivir su pugna en las carreteras gallegas de la Costa da Morte, como ya habían hecho en La Vuelta a España de 1993.
Diario As
Completar el bello recorrido por las carreteras de A Costa da Morte y la subida al Ézaro, que ya se ha exhibido en la Vuelta a España, es todo un éxito.
Marca
Chiappucci e Indurain se reencuentran otra vez en el Gran Fondo Ézaro.
Mundo Deportivo
Non o quixeron perder...
Non todos os días podes rodar a carón dos mellores… pero ás veces si é posible. Despois de ser baixa de última hora na pasada edición, por motivo de forza maior, Alejandro Valverde uniuse ao pelotón do Gran Fondo Ézaro. Pero non veu só! O Campión Olímpico Samuel Sánchez tampouco quixo perderse esta cita.
Un desafío épico na Costa da Morte!

Esperámoste
¡Permanece atento ás nosas redes sociais para non perder as últimas novas da proba!
A marea ciclista volverá inundar a Costa da Morte a través dun percorrido espectacular, no que os participantes estarán acompañados de grandes nomes do ciclismo e no que haberá desafíos, esixencia e un ‘muro’ por escalar.




